Historial

A Coral Polifonica Aires de Carral fúndase no ano 1981 e dende entón actuou en lugares tan variados coma no Certame de Habaneras de Torrevieja, Certame Coral “Villa de Avilés”, Certame da Canción Mariñeira de S. Vicente de la Barquera (Cantabria) , actuou tamén na Mostra de Música Coral Galega de As Pontes , Certame de Habaneras de A Coruña ; no certame de música celta de Vigo, Festival de Panxoliñas de Vigo…;Encontro Galaico-Astur de corais ( Foz ) , XV Jornadas de Música Coral de Soto del Barco-Asturias, en Ermesinde (Portugal), Luarca (Asturias).

Gravou en varias ocasións para a Radio Galega e para a TVG.

No ano 2013 grava e presenta o seu disco ( CD) “ Ecos de Carral”.

Está integrada na Federación Coral Galega ( FE.CO.GA)

O repertorio está composto fundamentalmente por : Polifonia galega, relixiosa, habaneras, panxoliñas, temas clásicos e de música lixeira.

En Setembro do 2021 celebrou o seu 40 aniversario cun concerto na escalinata do concello no Campo da Feira e coa venta do libro: «Coral de Carral, 40 anos de canto e amizade (1981-2021)».

Dirixe a coral dende 1982 : Juan J. Gordillo Campelo

Pódese seguir a coral en:

www.coralairesdecarral.com

Xaneiro 2024